Política de doazóns
Esta páxina documenta a nosa política sobre as doazóns e o que facemos co diñeiro recibido. Estas políticas poden cambiar en calquera momento dependendo dos requisitos e das prioridades do proxecto. Non obstante, pode estar seguro de que o equipo non gastará cartos en cousas intrascendentes. Todas as decisións de gasto son totalmente discutidas entre os membros do equipo antes de tempo para evitar desacordos.
Contidos
Gastos regulares
Con carácter prioritario empregamos os cartos para pagar o gasto habitual inherente ao proxecto.
- Aloxamento do sitio web principal
- Aloxamento do sitio web do complemento
- A futura infraestrutura de rede
- Taxas de nomes de dominio
Soporte Físico
Dependendo da necesidade dos nosos desenroladores e artistas, tamén gastamos cartos para adquirir soporte físico específico para o desenrolo de SuperTuxKart.
- Portátiles
- Nova GPU
- Soporte físico exótico (para mellorar a compatibilidade)
- Etc
Tarefas especiais e melloras
Dependendo da situación, tamén podemos empregar o diñeiro para pagar a alguén para que faga unha tarefa específica, como implementar algo ou crear un novo mapa. Isto faise caso por caso.
Marketing e promoción
Durante algúns eventos (como convencións de xogos, conferencias de código aberto) para pagar materiais como a impresión de carteis, comida para os desenvolvedores que asisten ao evento, etc.