..:: Benvido ao Reino Mascota! ::..

    Karts. Nitro. Acción! SuperTuxKart é un arcade de carreiras de código aberto en 3D cunha variedade de personaxes, circuitos e modos para xogar. O noso obxectivo é crear un xogo máis divertido que realista e ofrecer unha experiencia agradable para todas as idades.

    No modo Historia, debes enfrontarte ao malvado Nolok e derrotalo para pór a salvo o reino das mascotas unha vez máis. Podes correr contra o ordenador, competir en varias copas de Gran Premio ou tentar bater o teu mellor tempo no modo Contrarreloxo. Tamén podes competir, loitar ou xogar ao fútbol con ata oito amigos nun único ordenador, xogar nunha rede local ou xogar en liña con outros xogadores de todo o mundo.

    Personaxes principais

    Tux

    Tux

    O heroe de SuperTuxKart. Tux é un pingüín valente que debe salvar ao seu amigo, Gnu, das malvadas gadoupas de Nolok. Tux é a mascota de Linux.

    Gnu

    O sabio mentor de Tux, Gnu monta unha alfombra voadora e vive tranquilo nun pagode. Cando Nolok o captura, todo o reino tentará salvalo. Gnu é a mascota do Proxecto GNU.

    Gnu

    Nolok

    Nolok

    Nolok, o vilán de SuperTuxKart, sempre está elaborando algún tipo de plan malévolo dentro do seu fogoso castelo de lava.

    Personaxes adicionais

    Sara

    Sara

    Sara é unha poderosa maga e a gobernante do Reino das Mascotas. Corre cunha moto de neve especializada. Ela é a mascota do sitio web de OpenGameArt.

    Wilber

    Wilber é o cámara oficial que traballa para WTXB-TV para gravar carreiras de karts, que son moi populares no Reino Mascota. É a mascota de GIMP.

    Wilber

    Puffy

    Puffy

    Puffy corre principalmente para gañar cartos suficientes para cumprir o seu soño: comprar un submarino. É a mascota do proxecto OpenBSD.

    Pidgin

    A habilidade de Pidgin para voar faino perfecto para entregar os resultados do Gran Premio ao redor do Reino Mascota. É a mascota de Pidgin.

    Pidgin

    Godette

    Godette

    Godette é a mascota de Godot e unha verdadeira rapaza de tecnoloxía. Nunca se ve sen o seu amigo, GDBot, un robot que ela mesma construíu e programou. Incluso corren xuntos nun único kart tándem.

    Amanda

    Amanda foi rescatada por monxes cando a atoparon nunha cesta como cachorro. Agora ensina a antiga arte das carreiras nun mosteiro. Ela é a mascota de Window Maker.

    Amanda

    Emule

    Emule

    O coñecemento superior de Emule en enxeñaría mecánica permitiulle construír o seu propio kart cun motor turboalimentado. É a mascota de eMule.

    Suzanne

    As carreiras son o soño de Suzanne desde a infancia. Comezou a súa carreira na prestixiosa Kart Academy de Val Verde. Ela é a mascota de Blender.

    Suzanne

    Gavroche

    Gavroche

    Gavroche é un trasno propietario da mansión Ravenbridge. Ás veces fai ruídos de medo, enganando á xente para que pense que a casa está encantada. É a mascota de MediaGoblin.

    Hexley

    Os antepasados ​​de Hexley comezaron as carreiras de karts hai moitos anos, e xeración tras xeración, fixéronse moi bos. É a mascota de Darwin.

    Hexley

    Xue

    Xue

    A Xue gústalle destacar entre a multitude, e o seu inusual kart reflicte isto. Ela corre cun aerodeslizador especial, que é o suficientemente pequeno como para ser conducido por un rato. Ela é a mascota da XFCE.

    Konqi

    Aínda que os antigos antepasados ​​de Konqi eran perigosos e temidos, hoxe os dragóns son inofensivos… na súa maioría. El é a mascota do proxecto KDE.

    Konqi

    Adiumy

    Adiumy

    Adiumy comezou a carreiras de karts cando se decatou de que as súas pernas eran demasiado curtas para ser unha estrela do fútbol. Aínda que as outras mascotas ás veces se burlan do seu andar, é moi respectado como un dos pilotos de carreiras máis talentosos do reino. Adiumy é a mascota de Adium.

    Kiki

    Un usuario de Krita debuxou por primeira vez a Kiki para un manual de adestramento, pero en canto se imprimiu o manual, Kiki decidiu saír das páxinas e correr polo mundo no seu avión propulsado por bolígrafo. Kiki é a mascota do programa de pintura dixital Krita.

    Kiki

    Pepper

    Pepper

    Pepper é unha bruxa á que lle encanta xogar co seu gato Carrot. O seu entusiasmo polas carreiras acendeu cando a súa amiga Kiki axudoulle a afinar a súa vasoira cun sistema de inxección de nitro e puntas de escape personalizadas. Pepper é o personaxe principal do proxecto Pepper & Carrot.

    ...E moitos máis!

    Podes crear os teus propios personaxes, circuitos e areas e compartilos coa comunidade SuperTuxKart! Podes facelo accedendo a online.supertuxkart.net.

    Se estás interesado podes botarlle unha ollada á páxina community.

    Termos e condicións